Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas

Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Xullo Xa está publicado o número 48 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de xullo. 10/07/2018|Mancomun O proxecto destacado deste mes é Tuleap, un sistema de xestión de proxectos enfocado nos proxectos software, que

Publicado o Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas deste mes de Xullo
Xa está publicado o número 48 do Boletín de Reutilización de Software Libre nas Administracións Públicas correspondente a este mes de xullo.

10/07/2018|Mancomun

O proxecto destacado deste mes é Tuleap, un sistema de xestión de proxectos enfocado nos proxectos software, que levou a optimizar os seus procesos á AMA (Agência para a Modernização Administrativa) de Portugal, caso de éxito destacado deste boletín.

No apartado de novas destacamos a publicación do segundo número de Xeración ñu, un obradoiro sobre mapas interactivos enfocado no sector educativo, a modificación da LISIGE e os gañadores dos premios “Open Awards” deste ano.

Dende agosto de 2014, a oficina de coordinación de software libre da Amtega vén elaborando e difundido entre os responsables en materia TIC da Xunta de Galicia un boletín, de periodicidade mensual, sobre reutilización de software libre polas administracións públicas. Nel recóllense iniciativas sobre solucións libres, open data e estándares abertos; experiencias de uso de ferramentas libres que se identifican noutras administracións públicas de interese e aplicabilidade dentro da Xunta de Galicia; documentación ou formación de interese nesta materia, etc.

Dende Outubro de 2015, este boletín vense publicando no portal mancomún, co obxectivo de incrementar a difusión desta información noutras administracións públicas, como por exemplo as entidades locais, ou en calquera outra entidade ou organismo que lle poida ser de utilidade.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor