Rusia condena calquer intento de cambiar a situación en Venezuela pola forza

Putin: “Rusia condena calquera intento de cambiar a situación en Venezuela pola forza”

O presidente ruso fixo esta declaración no marco do encontro co seu homólogo venezolano, Nicolás Maduro, este mércores en Rusia.

Este 5 de decembro, no marco da reunión co presidente venezolano Nicolás Maduro, en Novo-Ogariovo, residencia estatal do presidente da Federación de Rusia, Vladímir Putin condenou os intentos de cambiar a situación política en Venezuela mediante o terror.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

“Apoiamos os seus esforzos dirixidos a lograr o entendemento mutuo na sociedade e todas as súas accións encamiñadas á normalización das relacións coa oposición”, declarou o presidente ruso ao principio do encontro co seu homólogo venezolano, que acaba de chegar a Rusia en visita oficial.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO