A ministra de sanidade Maria Luisa Carcedo no seu plan contra as denominadas por ela coma pseudoterapias vai obrigar a os galegos a mercar o churrasco nas farmacias.
Laura Garrido | Xornal Galego | Humor – Sección Chouchadas
A doble de José Mota no especial de fin de ano Maria Luisa Carcedo afirmou que “non existe evidencia científica ningunha sobre o benestar que produce os galegos facer churrasco” segundo Carcedo “obrigaremos a todos os que queiran facer churrasco a mercalo nas farmacias, e unha medida para axudarlles a protexer a súa saúde, faremos como xa fixemos coa homeopatía a cal tampouco ten evidencia científica, pero vendese nas farmacias para evitar perigos”.
Dende o lobby pro churrasco xa informaron de que en breve van presentar unha queixa o parlamento europeo por “impedir o benestar do pobo para favorecer a industria farmacéutica”
Para comentar debe estar rexistrado.