Solicitan que reduza as listas de espera do hospital de Cabueñes en Xixón

Segundo as estatísticas oficiais en 2018 hai 390 persoas máis esperando a ser intervidas cirurxicamente que en 2017.

FACUA solicita a Sanidade de Asturias que reduza as listas de espera do hospital de Cabueñes

FACUA-Consumidores en Acción dirixiuse á Consellería de Sanidade de Asturias para solicitarlle que poña en marcha as actuacións necesarias para reducir a lista de espera de pacientes do hospital de Cabueñes.

A asociación, a través da súa delegación territorial no Principado, tivo coñecemento de que a lista de espera no ano 2018, tal e como se fixeron eco medios de comunicación, supera por 390 pacientes aos que estaban na lista en 2017. En total, segundo as estatísticas oficiais publicadas en xullo e agosto, 4.540 están a esperar para ser intervidos cirurxicamente.

FACUA lembra que o artigo 7 da Lei Xeral de Sanidade establece que “os servizos sanitarios, así como os administrativos, económicos e calquera outros que sexan precisos para o funcionamento do Sistema de Saúde, adecuarán a súa organización e funcionamento aos principios de eficacia, celeridade, economía e flexibilidade”.

Publicidade Xornal Galego:

Ademais, a Lei de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde indica como dereito dos cidadáns “recibir asistencia sanitaria na súa comunidade autónoma de residencia nun tempo máximo”, mentres que a Lei do Servizo de Saúde do Principado de Asturias establece que o Plan de Saúde da comunidade autónoma deberá incluír “obxectivos específicos e estratexias a seguir con respecto a indicadores de saúde e enfermidade, promoción da saúde, prevención da enfermidade, atención sanitaria, rehabilitación, homogeneización e equilibrio entre áreas de saúde, disposición e habilitación de centros, servizos e establecementos e niveis de eficiencia, efectividade calidade e satisfacción dos usuarios”.

Publicidade Xornal Galego:

FACUA, por tanto, solicitou á Consellería de Sanidade do Principado que poña en marcha as actuacións que sexan necesarias para reducir a lista de espera do hospital de Cabueñes polo menos até igualar as cifras de 2017.