Tebas: Depor e Celta deberían fusionarse e xogar en Santiago

Segundo Javier Tebas “Equipos de La Liga non poden estar indo xogar a aldeas de Galicia mal concetadas con Madrid”

Informa: Augusto Cesar Horacio | Xornalista da sección Chouchadas

“E inxusto que estrelas coma Messi ou mesmo Braithwaith teñan que baixarse en aeroportos coma o de Vigo ou o de Coruña, e simplemente indecente” Manifestou Tebas presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional.

Publicidade Xornal Galego:

Segundo recalcou a fontes do Sar “Ante todo polo menos en Santiago teñen un aeroporto decente y un estadio coma o de San Lázaro, ademais todo hai que dicilo en Santiago saben o que e ter un presidente de verdade coma Caneda”. Tamen quiso manifestar o seu apoioa o fútbol galego en xeral con un compromiso serio. “Penso falar cos selección de Costa Rica e que o equipo sub 21 veña xogar un amigable contra un combinado do Celta e o Depor, os pueblerinos tamen tedes dereito a ver seleccións punteiras coma a o do meu país de orixe”.

 

Seguiremos embrullando!