Técnicos dos concellos galegos asistiron á xornada sobre transparencia nas entidades locais de Galicia

Técnicos dos concellos galegos asistiron á xornada sobre transparencia nas entidades locais de Galicia

Máis de 100 secretarios, interventores, tesoureiros e técnicos dos concellos galegos asistiron á xornada sobre transparencia nas entidades locais de Galicia O obxectivo da Xornada foi dar a coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os concellos como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia

Máis de 100 secretarios, interventores, tesoureiros e técnicos dos concellos galegos asistiron á xornada sobre transparencia nas entidades locais de Galicia

O obxectivo da Xornada foi dar a coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os concellos como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia

| Xunta

Máis de 100 persoas asisten no Edificio Administrativo da Xunta en San Caetano a Xornada organizada polo Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias coa que se pretende actualizar os coñecementos en materia de transparencia para as entidades locais de Galicia. Os obxectivos da Xornada son dar a coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia.

A Xornada ten entre os seus obxectivos examinar as dificultades e solucións para o exercicio do dereito de acceso á información pública no ámbito local; dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para cumprir as obrigas legais de transparencia co Portal de Transparencia Local de Galicia; coñecer as novidades en materia de transparencia e publicidade electrónica introducidas pola nova normativa en materia de contratos do sector público; e afondar na configuración das obrigas da Secretaría municipal en materia de transparencia tras o Real Decreto 128/2018, polo que se regula no réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local coa habilitación de carácter nacional.

Na Xornada participan o presidente da Fegamp, Alfredo García, a valedora do Pobo, Milagros Otero, e as directoras de Avaliación e Reforma Administrativa e de Administración Local, Natalia Prieto e Marta Fernández- Tapias, respectivamente. Ademais da codirectora da RedLocalis, Concepción Campos, o profesor titular de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero; e secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa,Elena Barba.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor