Trece anos de afastamento para un home de Gondomar por maltratar e explotar á súa filla de 12 anos

Trece anos de afastamento para un home de Gondomar por maltratar e explotar á súa filla de 12 anos

O home obrigouna a levantar postes de luz e a realizar traballos excesivos para a súa complexión entre continuos menosprecios, asemade propinoulle puñadas nas costelas e golpeouna cunha aixada Un veciño de Gondomar, acusado de maltratar e explotar con tarefas impropias para nenas da súa idade á súa filla de 12 anos, confesou onte os

O home obrigouna a levantar postes de luz e a realizar traballos excesivos para a súa complexión entre continuos menosprecios, asemade propinoulle puñadas nas costelas e golpeouna cunha aixada

Un veciño de Gondomar, acusado de maltratar e explotar con tarefas impropias para nenas da súa idade á súa filla de 12 anos, confesou onte os feitos para alcanzar un acordo coa Fiscalía, reducir a petición de condena inicial que sumaba penas de 6 anos de prisión e evitar a celebración do xuízo oral.

J.M.A.R. , recoñeceu os feitos, e aceptou unha pena de seis meses de prisión; 180 días de traballos en beneficio da comunidade por catro delitos de malos tratos de obra e a asistencia a un programa reeducativo.

Onde non hai rebaixa é nos 13 anos de afastamento da filla, a adolescente, que na actualidade ten 15 anos e vive coa súa irmá.

En setembro do ano pasado foi acudiu a denunciar o inferno durante os dous últimos anos  e os malos tratos. O Xulgado de Instrución 7, que abriu as dilixencias, ditou de inmediato un auto de suspensión provisional da garda e custodia da menor durante a tramitación da causa, ante o risco de reiteración dos feitos, e nomeou defensora da menor á súa irmá maior, coa que se foi a convivir.

Segundo o escrito da Fiscalía, “desde o ano 2015 obrigouna a seguir as súas indicacións para que lle axudase realizar traballos da casa, ales como levantar postes con guindastre, cortar leña, diversos traballos no campo en todo caso excesivos para a súa idade e complexión física, enfadándose se os facía mal, golpeándoa e dicíndolle constantemente, con vontade de humillala, que non valía para nada e era un monte de merda”.

En concreto, durante o Nadal de 2016 mandoulle á nena axudalo a colocar uns postes luz, e deulle puñadas nas costelas á vez que a ameazou de morte e deulle unha patada no costado. Apenas quince días antes, cando lle mandou alzar uns postes para o teito da cuadra da leira familiar, golpeouna de novo.

Con ocasión de realizar unha rega na leira, tamén a golpeou cunha aixada nas costas. En xaneiro de 2017, o maltratador golpeoulle na cara mais o beizo tras unha discusión polo teléfono móbil.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor