Turista dos EE.UU detida por chamar “putos mejicanos” os galegos

A policia nacional detivo a unha turista estado unidense por chamar “putos mejicanos” a toda a xente que paseaba pola zona de Catro Camiños en Coruña.

Informa: Lucía Moi Ben | Xornal Galego sección chouchadas

Os veciños comezaron a chamar a policía por unha turista que isultaba os viandantes todos nas inmediacións de catro camiños. Sito Miñoca un coruñes que pasaba por alí declarou “eu ía todo de tranki tía, e empecei a escoitar berros dunha pava que dicía mother fucker Coruña, mother fucker Galicia, mother fucker Mexico, e pensei que era unha canción ou algo de trap” “a muller parecía pasuída polo demo, entre un camareiro e eu o primeiro que decidimos foi botarlle uns allos, mais o ver que non funcionaba fumos a busca do cura” o tempo pasaba e a muller non paraba de berrar segundo informa outra veciña que se chama Mari Carmen Canal pero que pediu permanecer no anonimato por temor a represalias…

Publicidade Xornal Galego:

“a muller cando chegou o cura comezou a berrar frases coma <<sodes uns mejicanos de merda>>, <<os mexicanos cheirades a allo>> <<putos mejicanos de mierda>> o ver que o cura tampouco dominaba a besta decidimos chamar a policia nacional, cando chegaron ela berraba <<a policia mexicana non me pode deter son estado unidense, mejicanos de mierda…>> eu cos nervios o final nin durmín, sufrin o racismo no meu propio pais”

Seguiremos embrullando | Xornal Galego seccion chouchadas