Un dispositivo predí as crises de epilepsia

As persoas con epilepsia poderán saber con marxe de tempo cando van sufrir a próxima crise. Isto é posible grazas a un dispositivo desenvolvido por científicos españois que permite rexistrar e monitorizar a actividade do cerebro a través da canle auditivo. Tras analizar os impulsos e previr o risco de crise, envía os resultados ao paciente a través dunha aplicación do seu teléfono móbil.

Si o risco de crise é baixo a aplicación mostra unha cor verde, indicando que esta persoa pode seguir coa súa vida normal e realizar calquera actividade. Pola contra, si a cor é amarelo significa que hai risco de crise, polo que deberá tomar precaucións. E, para rematar, si a cor pasa a ser vermello, significa que hai moitas probabilidades de que nos seguintes minutos sufra un novo ataque.

Neste último caso, ademais, a aplicación envía automáticamente unha mensaxe aos familiares cuxos datos foron previamente introducidos na base de datos, indicando que ese familiar pode sufrir de forma inminente unha crise de epilepsia.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO
PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O dispositivo xa superou con éxito distintos ensaios e está á espera de que se probe en contornas reais. Si funciona correctamente, está previsto que poida comercializarse o próximo ano.