Un novo sistema de radiocirurxía sitúa ao Hospital do Meixoeiro na elite da máxima precisión en radioterapia

Un novo sistema de radiocirurxía sitúa ao Hospital do Meixoeiro na elite da máxima precisión en radioterapia

Un novo sistema de radiocirurxía sitúa ao Hospital do Meixoeiro na elite da máxima precisión en radioterapia Coa instalación e posta en marcha dun novo sistema de radiocirurxía, apoiado nun sofisticado mecanismo que verifica a perfecta colocación do paciente, denomiando ExacTrac, a Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital do Meixoeiro culminou a incorporación dos avances

Un novo sistema de radiocirurxía sitúa ao Hospital do Meixoeiro na elite da máxima precisión en radioterapia
Coa instalación e posta en marcha dun novo sistema de radiocirurxía, apoiado nun sofisticado mecanismo que verifica a perfecta colocación do paciente, denomiando ExacTrac, a Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital do Meixoeiro culminou a incorporación dos avances tecnolóxicos que estaban programados para esta etapa e ten en funcionamento, a pleno rendemento, os seus catro aceleradores lineais xunto cun radioquirófano para braquiterapia. A unidade foi visitada polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen estivo acompañado polo xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, pola xerente de Galaría, Rocío Mosquera; e polo delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves.

Con este equipamento de vangarda, o servizo da resposta a unha demanda de tratamentos que supera os 170 pacientes ao día e que supón aplicar ao redor de 40.000 sesións de radioterapia a máis de 2.200 persoas cada ano. Actualmente, tres dos catro aceleradores lineais con que conta a unidade son de última xeración, Instalados nos últimos tres anos, o máis recente deles, un Clinac iX de Varian, posto en funcionamento a finais de marzo deste ano. Entre tanto, o máis veterano dos catro equipos, o Oncor, segue ofrecendo excelentes prestacións clínicas a pesar dos seus anos de servizo.
Máxima exactitude
A incorporación tecnolóxica máis rechamante deste ano foi a instalación no TrueBeam -actualmente o acelerador lineal máis avanzado do mundo-, dun equipamento de radiocirurxía que permite aplicar altas doses de radiación sobre o tumor cunha extraordinaria precisión e seguridade para o paciente. Esta máxima exactitude conséguese grazas ao sistema denominado ExacTrac, que verifica, de maneira submilimétrica, o posicionamento do paciente durante todo o tratamento. Trátase dun sofisticado mecanismo baseado en dous tubos de Raios X que apuntan a un sistema de imaxe e nunha serie de sensores de infravermellos cos que se verifica ese perfecto posicionamento do paciente ao longo da terapia.

Con este novo equipamento auméntase, de maneira moi notable, a precisión e acádase un menor tempo na máquina, o cal minimiza o movemento interno e externo do paciente durante as sesións. En calquera caso, o sistema ExacTrac facilita, de maneira continua, unha información tridimensional da posición do paciente e ademais desconectaría automaticamente a radiación se se producise algún movemento imprevisto.

Este sistema de radiocirurxía e posicionamento inclúe, tamén, un sofware moi avanzado, denominado Fiber Tracking, que permite visionar e, polo tanto, preservar as vías funcionais de sensibilidade e motoras do cerebro. Ademais, con este equipo, os neurorradiólogos, ou calquera outro especialista que interveña na radiocirurxía, poden ver de forma remota, na súa propia consulta, as imaxes tridimensionais do paciente, e determinar “en liña” os volumes a tratar en coordinación cos oncólogos radioterápicos e os radiofísicos, que calculan e definen finalmente as doses a aplicar.

Os últimos avances en radioterapia
Actualmente, a Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital do Meixoeiro, xestionada pola empresa pública Galaria, ten en marcha os seus catro aceleradores, xunto cun radioquirófano no que se realizan braquiterapias de alta e baixa taxa de dose para moi diversas patoloxías.

Tres dos catro aceleradores son de última xeración e levan incorporados os principais avances tecnolóxicos existentes na radioterapia máis desenvolvida actualmente. Ademais de aplicar radioterapia con intensidade modulada de dose (IMRT), con estes equipos realízase radiocirurxía corporal (SBRT) e dispoñen de sistemas de arcoterapia volumétrica de intensidade modulada (VMAT), unha tecnoloxía pola cal o feixe de radiación adáptase á arquitectura do tumor virando ao redor do paciente de maneira ininterrompida.

Esta técnica é altamente precisa e permite administrar altas doses de radiación, protexendo ao máximo os tecidos e órganos sans que circundan o tumor e reducindo ademais o tempo total de tratamento. No caso do acelerador TrueBeam, dáse un paso máis en materia de precisión, ao engadirlle o xa mencionado sistema de verificación e control do paciente ExacTrac.

Estes modernos aceleradores contan, ademais, con sistemas de radioterapia guiada por imaxe en tres dimensións, unha técnica coa que se toman imaxes 3D, antes do tratamento e mesmo durante a administración da radiación, co fin de comprobar o perfecto posicionamento do paciente respecto das coordenadas establecidas na fase de planificación inicial.
En definitiva, a tecnoloxía que empregan estes equipos está pensada para conferirlles unha extraordinaria exactitude na administración de dose e para afinar ao máximo a radiación en volumes cada vez máis pequenos, sen afectar os tecidos sans circundantes.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor