Unha rata na sopa custalle a unha cadea de restaurantes 200 millóns de multa

Unha rata na sopa custalle a unha cadea de restaurantes 200 millóns de multa

VÍDEO: Unha rata nunha sopa cústalle case 200 millóns de dólares a unha cadea de restaurantes Fonte: RT O achado foi realizado por unha muller embarazada nun establecemento pertencente a unha popular cadea de restaurantes de China, que se afundiu na bolsa tras o escándalo. VER VÍDEO: Unha rata nunha sopa cústalle case 200 millóns de

VÍDEO: Unha rata nunha sopa cústalle case 200 millóns de dólares a unha cadea de restaurantes

Fonte: RT

O achado foi realizado por unha muller embarazada nun establecemento pertencente a unha popular cadea de restaurantes de China, que se afundiu na bolsa tras o escándalo.

VER VÍDEO: Unha rata nunha sopa cústalle case 200 millóns de dólares a unha cadea de restaurantes
Síguenos en Facebook

O pasado 6 de setembro, unha muller embarazada atopou unha rata na súa ‘hotpot’ (pota quente de sopa chinesa) mentres comía nun restaurante na cidade chinesa de Weifang, provincia de Shandong, informa Asia One.

A muller estaba a comer xunto coa súa familia nun establecemento da popular cadea chinesa Xiabu Xiabu. Cando o seu esposo informou o persoal sobre o ocorrido, segundo o seu testemuño, ofrecéronlle á parella 20.000 yuans (preto de 3.000 dólares) para realizar un aborto se estaban preocupados pola saúde do bebé.

Máis tarde, o restaurante ofreceu 5.000 yuans (uns 729 dólares) como compensación polas molestias, pero o marido negouse a aceptar o diñeiro dicindo que a súa esposa debía primeiro someterse a un recoñecemento médico completo.

A muller publicou o vídeo co seu indeseado achado na rede social chinesa Weibo, onde a gravación xerou unha ampla reacción entre os usuarios. Algúns se preguntaron indignados se a vida dun bebé custaba soamente 20.000 yuans, mentres que outros suxeriron ofrecer aos propios empregados comerse unha rata por esa suma.

Segundo publica The New York Post, debido a este escándalo, a cadea Xiabu Xiabu esborrallouse en bolsa, perdendo preto de 190 millóns de dólares no mercado de valores. Así mesmo, medios chineses informaron que as autoridades de Weifang clausuraran temporalmente o local. Xiabu Xiabu ten un total 759 sucursais en China.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor