UPTA España, en colaboración con Hp, Sage e Canal Empresarial pon en marcha a primeira comunidade social de traballadores autónomos e emprendedores de España.

Econred é a primeira plataforma social dirixida o autónomo que nace coa vocación de impulsar o networking entre profesionais, facilitar a colaboración no desenrolo de proxectos e ofrecer unha fiestra de promoción ao traballador autónomo . Econred e moito máis que unha comunidade xa que inclue varios servizos. Un directorio comercial de profesionais que ofrecen

Econred é a primeira plataforma social dirixida o autónomo que nace coa vocación de impulsar o networking entre profesionais, facilitar a colaboración no desenrolo de proxectos e ofrecer unha fiestra de promoción ao traballador autónomo .

Econred e moito máis que unha comunidade xa que inclue varios servizos.
Un directorio comercial de profesionais que ofrecen os seus servizos, para así localizar e contactar con calquer profesional especializado.

Dispón de un area para empresas colaboradoras onde teñen a oportunidade de ter a súa comunidade para relacionarse co colectivo, axudarlos e informalos dos seus productos , servizos e ofertas.
Unha bolsa de traballo onde o usuario pode deixar os seus datos, experiencia, capacidade e incluso grabar un video de presentación .

Econred tamén dispón de un servizo de consulta, onde os usuarios poden obter información sobre a Administración, finanzas, axudas, subvencións, comercio exterior, fiscalidade…
Fomenta a través dunha plataforma telepresencial actividades en formato videoconferencia no PC. Creación de blogs, publicacións de fotos e videos, traballo compartido en wikis, consulta de podcats, publicación de ideas, e concursos que poden ser patrocinados por empresas.

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), HP España y Sage España fixeron unha clara aposta para fomentar o uso das tecnoloxías sociais no colectivo dos autónomos. Econred ten como misión impulsar a economía en red e converterse na maior plataforma de xeración de relacións e de negocio dirixida exclusivamente a cubrir os intereses dos autónomos. http://www.econred.es
Para Sebastián Reyna, secretario xeral de UPTA España, é a primeira comunidade en España que ao cabo coñece os problemas dos autónomos e pode axudar a darlles resposta, e que contemplen a rede como algo propio e útil, como un instrumento de competitividade.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor