UPTA Galicia confirma no Día do Emprendedor a necesidade de financiamento para os autónomos galegos

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2010. Os técnicos da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia comprobaron durante o Día do Emprendedor, celebrado o pasado mércores en Santiago de Compostela, que o principal problema que atopan os emprendedores á hora de sacar adiante o seu negocio é o financiamento. Máis ca nunca,

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2010.
Os técnicos da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia comprobaron durante o Día do Emprendedor, celebrado o pasado mércores en Santiago de Compostela, que o principal problema que atopan os emprendedores á hora de sacar adiante o seu negocio é o financiamento. Máis ca nunca, as persoas que se achegaron ás mesas de asesoramento preguntaron polas axudas autonómicas e estatais para o traballo por conta propia.
UPTA Galicia participou un ano máis de xeito activo neste evento organizado pola Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE e do BIC Galicia. A organización, con oito técnicos atendendo consultas e dúbidas dos asistentes, foi a asociación de autónomos con maior presenza nas mesas de asesoramento dispostas pola organización. Ademais, xunto a outras organizacións, ocupou un stand con material divulgativo sobre temas esenciais no traballo autónomo como o ordenamento xurídico ou a prevención de riscos laborais.
Deste xeito, UPTA Galicia, a diferenza doutras organizacións, amosa con feitos, traballo e colaboración o compromiso adquirido coa promoción do autoemprego e a defensa do traballo autónomo. UPTA Galicia pide que os esforzos realizados tanto no Día do Emprendedor como noutras accións, que a reafirman como a organización máis activa no ámbito galego, repercutan no apoio á mesma desde as entidades públicas. Neste sentido, UPTA pregúntase onde están, un ano máis, as asociacións que se sentan na Mesa Galega do Autónomo, dicindo que representan ao colectivo pero coa única intención de recibir financiamento.
Por outra banda, UPTA Galicia quere felicitar ao director xeral do IGAPE, Joaquín Varela de Limia, e ao subdirector de información especializada deste organismo, Carlos Silva, polo traballo efectuado para sacar adiante unha nova edición do Día do Emprendedor.
Explicación sobre trámites e subvencións
As numerosas consultas atendidas por UPTA centráronse especialmente nos temas referentes á creación de empresas e ao financiamento. Os emprendedores recibiron información sobre as diferentes ferramentas das que dispoñen para financiar os seus negocios. Os técnicos de UPTA Galicia explicaron a existencia e tramitación de subvencións a fondo perdido do Plan de Promoción do Emprego Autónomo da Xunta de Galicia e tamén de liñas específicas para o fomento do emprendemento no rural, do sector do comercio ou do autoemprego da xente nova.
Ademais, os especialistas da organización informaron dos pasos a seguir para optar aos créditos do ICO para pemes e autónomos, que poden solicitar desde o pasado día 14. Os técnicos explicaron ademais os pasos a dar para constituírse como autónomo e as diferentes formas xurídicas que pode adoptar unha actividade económica.
Entre as consultas, UPTA atendeu a persoas que querían emprender en actividades diversas como o comercio téxtil, a formación on line, a consultoría e incluso ao pai dun rapaz de 14 anos que se dedica á maxia. Ademais, varios axentes de desenvolvemento rural de concellos galegos e axentes de emprego doutras entidades solicitaron información aos técnicos de UPTA.
En liñas xerais, os asesores comprobaron que na maioría dos casos os emprendedores que piden a súa axuda teñen unha idea clara da actividade a emprender e comezaron xa a estudar os aspectos económicos e formais. As consultas realizadas amosan que existen boas ideas que ademais son viables e comercialmente válidas, pero que a barreira económica frea o carácter emprendedor dos galegos. Por esta razón, UPTA Galicia consideran de grande utilidade a realización destes encontros entre emprendedores, responsables políticos, expertos na materia e posibles fontes de financiamento.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor