UPTA Galicia reúnese con traballadores de SEUR para estudar a defensa dos seus dereitos como TRADES

Membros do persoal de reparto da empresa de transportes SEUR reuníronse para estudar posibles medidas na defensa dos seus dereitos como traballadores autónomos economicamente dependentes (TRADES). Na xuntanza, que foi convocada por UPTA Galicia ante a demanda dos traballadores, estiveron presentes repartidores das franquías de Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela. Estes traballadores responden á

Membros do persoal de reparto da empresa de transportes SEUR reuníronse para estudar posibles medidas na defensa dos seus dereitos como traballadores autónomos economicamente dependentes (TRADES). Na xuntanza, que foi convocada por UPTA Galicia ante a demanda dos traballadores, estiveron presentes repartidores das franquías de Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Estes traballadores responden á figura de TRADE, regulada polo Estatuto do Traballador Autónomo, ao seren autónomos que reciben máis do 75% dos seus ingresos dunha empresa para a que realizan un traballo habitual con recursos propios, como neste caso ocorre cos furgóns de reparto.
Esta condición atribúelles unha serie de dereitos, entre os que están o goce de 18 días de vacacións ao ano; a estipulación dunha xornada laboral e descanso semanal; o dereito a reclamar unha indemnización en caso de despido; e a posibilidade de negociar as condicións laborais a través de acordos de interese profesional.
Os traballadores tiveron un prazo, que rematou o 5 de marzo, para comunicarlle á empresa a súa condición de TRADE. O seguinte paso é que a empresa formalice os contratos adaptados ao Estatuto do Traballador Autónomo, algo que debe producirse antes do próximo mes de setembro.
Os repartidores de SEUR, apoiados por UPTA Galicia, solicitarán unha reunión coa empresa para negociar as condicións de traballo. Entre as súas reivindicacións figurarán o establecemento de vacacións por acordo entre empresa e traballadores e máis unha revisión das cantidades que perciben polos seus servizos.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor