UPTA Galicia reúnirase cos trades do sector transporte e seguros para regularizar a súa condición de autónomo dependente

UPTA Galicia realizará na súa sede central en Santiago de Compostela o vindeiro día 3 de marzo unha xornada informativa a partires das oito da tarde dirixida aos axentes de seguros e os transportistas de Galicia. O fin da xornada será o traslado do novo prazo aberto de comunicación da súa condición de traballador autónomo economicamente dependente (trade) pola nova lei do contrato de transporte terrestre e a posibilidade de mellorar os seus dereitos laborais cunha adaptación dos seus contratos ao Real Decreto 197/2009 que regula a súa categoría especial de autónomo.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Os dereitos máis salientables que se acadarían con esta adaptación serían: o goce de 18 días laborais de vacacións ao ano; a estipulación dunha xornada e descanso semanal; o dereito a reclamar unha indemnización en caso de despido; a posibilidade de negociar as condicións laborais a través de acordos de interese profesional e a posibilidade da súa defensa a través da mediación e o arbitraxe previamente á xurisdición social; e a comunicación da túa situación laboral aos teus representantes.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Deixa unha resposta