Úrsula voltou reinar en Catoira un ano mais

O desembarco dos viquingos mais caluroso de todos en Catoira congregou a un número incontable de persoas que non quixeron perderse o ritual da invasión dos viquingos ás Torres do Oeste. A celebración está catalogada como festa de interese turístico internacional.

Á primeira hora da mañá, xa se puido contabilizar un gran número de persoas, que gozando do viño e comendo mexillóns a custo cero, esperaban a chegada do drakkar que levaba aos viquingos.  Ao redor das 13.00 horas arribou a embarcación ateigada de viquingos daneses e galegos, que tras dar a volta de rigor achegáronse á beira para saltar e conquistar Catoira acompañados por un fondo con fogos artificiais. A partir dese momento, os viquingos vestidos con peles e manchados de barro e viño ata as cellas, apoderouse das Torres do Oeste e os seus arredores.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

A berros de Úrsula! Úrsula! os viquingos, foron os auténticos protagonistas dela festa. Pequenos e maiores puideron gozar dunha romaría distinta ao demais.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO