Vox e as suas iniciativas en materia de sanidade

Baixo o lema “100 medidas para a España Viva”, VOX recolle 5 políticas na sanidade e a saúde.

Aposta por unha concepción integral da Sanidade a través dunha tarxeta sanitaria única, un calendario de vacunación único, unha xestión integral das listas de espera e unha carteira de servizos única en todo o territorio nacional.

Ademais, tamén abogan por incluír a odontología pediátrica na Seguridade Social ata o recambio de dentición temporal e o establecemento dun Sistema de Compras centralizado mediante o uso de Internet para optimizar a eficiencia e garantir a trasparencia das decisións económicas.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O programa sanitario de Vox non está exento de polémica. Dous dos cinco puntos fan referencia á supresión na sanidade pública das intervencións quirúrxicas alleas á saúde por exemplo o cambio de sexo e o aborto. Así mesmo, pide a eliminación do acceso gratuito á sanidade para inmigrantes ilegais e copago para todos os residentes legais que non teñan un mínimo de 10 anos de permanencia en territorio nacional.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO