Zara vai abrir unha tenda na zona mais cara de Galicia, a ponte de Rande

Zara segue apostando polo luxo e vai abrir unha tenda na zona mais cara de Galicia a milla de ouro galega, a ponte de Rande.

Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego

08/10/2018

Segundo un informe filtrado na sala de espera dunha clase de pilates en Monte Alto. Amancio Ortega esta a contemplar a posibilidade de abrir unha tenda na milla de ouro galega.

Segundo o informe “se a xente ten cartos para pasar pola ponte cada día e porque teñen un poder adquisitivo moi elevado, non van ser de eses que miran primeiro o prezo de vestido e despois o vestido”

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

O proxecto xa conta con beneplácito da concesionaria e un informe favorable en materia de seguridade xa que a garda civil aproveitará para por ali un radar agochado entre a Z e a A do logotipo de Zara. Segundo o sarxento da Garda civil Edelmiro Manquiño Vergara que prefire manterse no anonimato, polo cal o chamaremos Tauro (o seu signo do horóscopo), ” se Amancio sabe onde situarse para sacar cartos nos tamen”.

PUBLICIDADE EN XORNAL GALEGO

Iremos embrullando a medida que avancen as obras.